Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

XXV – Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán

Este 2023 celebramos o 25 aniversario da nosa Semana Audivisual,  nacida alá polo mes de novembro de 1998. Como sempre trataremos de amosar a nosa filosofía de club a través dos nosos invitados e das charlas programadas para esta última semana do mes de novembro. Dende aquí tamén queremos invitar a calquera persoa a asistir ás mesmas, sendo a única limitación o aforo da sala.

Lugar: Centro Cultural Marcos Valcarcel

Hora: 20:15 h

Entrada libre

 

PROGRAMA


27 de Novembro 2023

Marc Toralles e Bru Busom

Ánima de Corall.

Marc Toralles, Bru Busom e Roger Cararach tentárona en 2019, pero víronse obrigados a renunciar despois de que unha pedra impactase no brazo deste último. Tres anos e unha pandemia máis tarde, Marc Toralles e Bru Busom regresaron para terminar o traballo. O resultado dos seus esforzos chámase Ànima de corall, ascende 1.100 metros de desnivel e supera dificultades de ata 7b, A3, AI5 e M6.

 

Ver máis: Ficha conferencia 27 de Novembro


28 de Novembro de 2023

Bonifacio Pedro López López “Boni”

De la bota rígida al gato en Budiño.

Fai 52 anos que escalei por primeira vez no Budiño, neste tempo as técnicas de escalada e o material evolucionaron moitísimo. Construíronse 2 refuxios. Forzáronse en libre practicamente todas as vías. Pasaron polas súas paredes varias xeracións de escaladores, mesmo se fixo algún invento.

 

Ver máis: Ficha conferencia 28 de Novembro


 29 de Novembro de 2023

Manolo Taibo

La seguridad líquida

Pensar que a seguridade plena existe ou se pode acadar é unha superstición. A incerteza con todo é segura… debemos aprender a poñela en valor. “A seguridade líquida” propón abandonar a falsa realidade dunha seguridade sólida para buscar outros paradigmas que nos axuden a xestionar o risco.


Ver máis: Ficha conferencia 29 de Novembro


30 de Novembro de 2023

Socias do club alpino e convidadas

Mulleres sobre rodas.

Mulleres intrépidas coa bicicleta como lugar común, compartirán as súas experiencias dende diferentes puntos de vista. Falarán de retos, de superación e de sororidade sobre rodas.

Ver máis: Ficha conferencia 30 de Novembro


1 de Decembro de 2023

Enrique Ogando Lastra e Marta Candel Ureña.

Exploraciones bajo la jungla de Papúa Nueva Guinea

As montañosas selvas de Papúa Nueva Guinea son algúns dos lugares do mundo que aínda quedan por explorar. Dende hai máis de 30 anos espeleólogos de diferentes países unen forzas para tentar chegar máis aló do que mostran os mapas. Á dificultade do acceso ata as impenetrables zonas altas úneselle a constante choiva, a calor asfixiante e o problema do transporte do material necesario para a exploración. Nese lugar do mundo o tempo pasa máis amodo. Fotografías destas expedicións dende o ano 1995 ata este mesmo ano falarannos diso.

 

Ver máis:Ficha conferencia 1 de Decembro

COLABORAN