Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

Que é a Semana Audiovisual da Montaña

A Semana audiovisual da montaña de Ourense é un evento organizado anualmente na cidade de Ourense que creceu en tamaño e diversidade dende os seus inicios. é o principal evento social para os entusiastas da montaña en Ourense.

No corazón do programa atópase o ciclo de ponencias, que conta con persoas de todo o mundo relacionadas coa montaña. Durante unha semana pódese experimentar o espíritu da montaña, a súa cultura e a vida na natureza. O programa compleméntase con exposicións e eventos deportivos paralelos.

Queremos compartir a montaña para inspirar a mais persoas para que exploren, desfruten e coñezan as montañas, a natureza e as súas culturas.

Comparte a aventura!

#ComparteaAventura

MG_9170 

A Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán nace no ano 1998 co fin de achegar a montaña a cidadanía. Nunha primeira etapa con audiovisuais realizadas polos socios do club, baseadas nas súas actividades e vivencias e sen apenas orzamento. O “Outono Fotográfico”, referente galego no mundo da imaxe, pronto nos propón formar parte do seu programa de actividades.

 

No ano 2002, preséntasenos a oportunidade de traer a dous amigos Martín Ramos e Alberto Agüero. Estes dous alpinistas abulenses acababan de regresar dunha expedición ao Everest na que coroaran a cima e grazas á amizade co noso club ofrecéronse a contarnos a súa experiencia nesta segunda etapa da nosa Semana Audiovisual. É neste punto no que temos que falar do noso único, ata o momento, patrocinador, a Fundación Florencio Álvarez – María Teresa Esteban, que grazas á súa colaboración desinteresada e á súa confianza no noso proxecto, veunos apoiando sen condicións desde ese ano 2002 ata a actualidade. Froito desta colaboración é posible a día de hoxe continuar con este proxecto que ano a ano crece en calidade, cantidade de público e repercusión na sociedade ourensá.

 

Nos medios

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2015/11/25/span-langglsemana-audiovisual-do-club-alpino-ourensanspan/00031448368358902820777.htm

http://www.laregion.es/articulo/deporte-local/semana-audiovisual-club-alpino-marcha/20141127090625506813.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2012/11/27/outono-fotografico-acogera-xiv-semana-audiovisual-club-alpino-ourensan/0003_20121120121127133616780.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2015/11/25/span-langglsemana-audiovisual-do-club-alpino-ourensanspan/00031448368358902820777.htm

Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán (26 al 28 de noviembre)