Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

Día 1 de Decembro 2023

Exploracións baixo a selva de Papúa Nova Guinea

Enrique Ogando Lastra e Marta Candel Ureña.

Hai moitas formas de viaxar, optaron por facelo polo mundo dos negros absolutos. Desde hai máis de 30 anos, Marta Candel e Enrique Ogando levan viaxando polas entrañas da terra, explorando un mundo de auga, rocha e barro onde ninguén estivo nunca.

 

 

 

 

 

 

Dende os grandes sistemas subterráneos de Cantabria, onde exploran habitualmente, ata as selvas de Papúa Nova Guinea, que será o que nos amosarán nestas xornadas; foron moitas as expedicións nas que participaron:

  • Exploracións en Picos de Europa (1987-2023):
    • Torca CT-1: -993 m. de profundidade e 7760 m. de galerías.
    • Torca Castil: -1020 m e 4810 m.
    • PC-26: -1187 m. e 3043 m.
    • VA-1: -974 m. e 8802 m.
    • VA-5: 687 m. e 4130 m. (…)
  • Expedición “Arabika’2000”, Cáucaso:
    • Krubera-Voronya Sima: actualmente é a 2ª máis profunda do mundo cos seus 2197 m.
    • Expedicións en México (1994/2004/05/06/08/12/14/17/19):
    • J2: -1209 m.
    • El Santito: -1182 m.
    • Akemati: -1226 m.
    • Ventanas: -587 m.
  • Australia e Nova Zelanda (2003).
  • Noruega (1993)
  • Marrocos (1996)
  • Patagonia (1996/98)
  • Papúa Nova Guinea (1994/1998/2002/2023)

En todas estas exploracións formaron parte dun equipo, sen o cal nada sería posible. Xuntos escribiron unhas cantas páxinas memorables na historia da exploración subterránea.

Exploracións baixo a selva de Papúa Nova Guinea

As montañosas selvas de Papúa Nova Guinea son algúns dos lugares do mundo que aínda quedan por explorar. Dende hai máis de 30 anos espeleólogos de diferentes países unen forzas para tentar chegar máis aló do que mostran os mapas. Á dificultade do acceso ata as impenetrables zonas altas úneselle a constante choiva, a calor asfixiante e o problema do transporte do material necesario para a exploración. Nese lugar do mundo o tempo pasa máis amodo. Fotografías destas expedicións dende o ano 1995 ata este mesmo ano falarannos diso.

COLABORAN