Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

Día 30 de Novembro 2023

Mulleres sobre rodas.

Socias do club alpino e convidadas

 

 

 

 

 

 

 

¿Qué representa a bicicleta para nos as mulleres? ¿Onde están os nosos límites? ¿Qué barreiras ou prexuizos temos que salvar? Estas é outras cuestións serán o fío conductor da presentación que, tres intrépidas montañeiras do Club Alpino Ourensán metidas a ciclistas ou cicloturistas ocasionais e paixonais, tratarán de respostar. Porán en valor “o pequeno” que fan sobre as súas bicicletas e o “grande significado” que representa nas súas vidas. Independencia, aventura, autocoñecemento, procura dos propios límites e sempre, sempre, DIVERSIÓN SORORA.

Mulleres intrépidas coa bicicleta como lugar común, compartirán as súas experiencias dende diferentes puntos de vista. Falarán de retos, de superación e de sororidade sobre rodas.

COLABORAN