Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

XXI Semana audiovisual da montaña 2019

Do 25 ao 29 de novembro celébrase a XXI Semana Audiovisual da montaña , organizada polo Club Alpino Ourensán, contando de novo co importante patrocinio da “Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban”, grazas á que un ano mais teremos a posibilidade de gozar de emocionantes aventuras contadas polos seus protagonistas.

A Semana Audiovisual da Montaña realizarárase en varias localizacións. Consulta o programa para coñecer cada unha das localizacións.

 

Programa

PENA CORNEIRA: 65 anos de escalada no corno do Ribeiro

Francisco Javier Valencia “Quico” e Antón Gavela
Luns 25 de novembro ás 20:30 horas
Liceo de Ourense

Repasaremos a traves da proxección audiovisual as escaladas en Pena Corneira, o seu entorno e a súa evolución histórica dende a súa primeira ascensión no ano 1.954 ata a actividade actual co bloque como protagonista.
Tamén repasaremos distintas accións que o Club Alpino Ourensán promoveu na súa defensa como espacio natural para protexer este espazo das importantes agresions das canteiras.

EQUIPO GALEGO DE NOVOS ALPINISTAS – ENAG: Un ano de actividade

Integrantes do Equipo Galego de Novos Alpinistas
Martes 26 de novembro ás 20:30 horas
Centro Cultural Marcos Valcárcel

A constitución dun programa de tecnificación de alpinistas novos é unha proposta que nace sustentándose noutras, tanto de ámbito estatal como galego, iniciativas que tiveron o seu desenvolvemento e chantaron o xerme para os/as que estamos aquí. Falaremos de como se crea o ENAG dentro da FGM e das condicións do seu programa de tecnificación, percorrendo desde os criterios técnicos da selección de deportistas ata os obxectivos que pretendemos abarcar, veremos tamén os contidos xerais do programa, conceptos e técnicas, alén de como nos organizamos para desenvolver actividades e que procuramos con cada unha.
Presentaremos un audiovisual coas actividades desenvolvidas e intentaremos contar a todos e todas os afeccionados/as ao alpinismo como se vive esta experiencia desde dentro.

 

PEAKS OF THE BALKANS: 140 km a través de Montenegro, Albania e Kosovo

Participantes na actividade
Mércores 27 de novembro ás 20:30 horas
Café Cultural Auriense

Catorce persoas percorreron 140 kms a principios de maio por unha senda que transita entre Montenegro, Albania e Kosovo. Durante nove xornadas que oscilaron entre un clima primaveral e a dureza dun inverno aínda latente, conviviron coa xente local, gozaron da súa gastronomía, escoitaron crueles relatos da súa historia bélica recente e coñeceron de primeira man a fermosa paisaxe dunha das rexións do planeta na que máis culturas conviven.

 

Tres travesías en kaiak, tres destinos: Illas Pitiusas

Carmela Conde e Kike Soto
Xoves 28 de novembro ás 20:30 horas
Espazo El Cercano

Como remate final a nosa triloloxía “Tres travesías en kaiak, tres destinos”, chegamos as Illas Pitiusas.

Despois de destinos tan lonxanos como a Patagonia e a Baixa California, as Baleares son como voltar á casa, xa que contamos co noso propio material, ainda que non por iso a viaxe está exenta das súas aventuras.

Nas illas realizamos dúas travesías principais, en primeiro lugar a circunnavegación completa á illa de Menorca y en segundo término,  unha impactante travesía lineal pola costa da Tramuntana Norte, na illa Mallorca.

Ambas travesías fanse en total autonomía, sen ninguha crase de apoio externo, durmindo nas praias e aprovisionándonos nas poboacións máis próximas á costa.

K2 WINTER TOP APPEAL: O K2 en inverno

Alex Txikon
Venres 29 de novembro ás 20:30 horas
Liceo de Ourense

O K2, a segunda montaña máis alta do planeta e o último oitomil sen ascensións no inverno. Desde os anos 80, catro expedicións tentaron o seu cumio no inverno sen éxito. Alex Txikon enfróntase a unha das expedicións máis comprometidas da súa carreira.

Horario: 20:30horas