Leer en: Castellano
XXX anos do barranquismo en Galicia
Un audiovisual relatado a través de fotografías e videos dos inicios do descenso de canóns e barrancos en Galicia. Retrotraerános tres décadas atrás cando o descenso do río Mao por membros do Club Alpino Ourensán foi pioneiro no panorama do barranquismo e o montañismo en Galicia, contrastando ao final da ponencia cun video dun descenso recente do canón do río Mao en compañía dos pioneiros deste canón.