Galego Castellano

Semana Audiovisual de la Montaña de Ourense

XV Semana Audiovisual 2013

XV Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán

Organiza: Club Alpino Ourensán co patrocinio especial da “Fundación Florencio Álvarez-María Teresa Esteban”.

Datas: 25, 26, 27, 28 e 29 de novembro.
Lugar: Auditorio Municipal de Ourense.

PROGRAMA

Amañece sobre seracs. Alpinismo no macizo de Ecrins. Por: Ernesto Fernández, Alfonso González e Víctor Barro.

Martes 26 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense
Esta non é máis que unha historia de montaña e de montañeiros. No escenario prestado do parque nacional francés de “Ecrins”, un verán como calquera outro. Unha historia de compañeirismo, de solidariedade e de superación. Tamén se cadra de ecoloxía e de reivindicación, unha experiencia na procura de respostas as preguntas de sempre: Por qué o frío ou a fame? Por qué soportar o cansazo? Para qué subir alí arriba? Somos se cadra soamente coleccionistas de cimas? Por qué asumir os riscos de pendurarse dun fío no baleiro? Qué hai nas cristas e nas cimas nas que buscamos o límite?

 

O mundo en bicicleta por Andoni Rodelgo, Alice Goffart, Maia Rodelgo e Unai Rodelgo.

Mércores 27 de novembro as 20:30 h.Auditorio Municipal de Ourense
Andoni e Alice empezaron a pedalear polo mundo nó 2004. Ate a data de hoxe, teñen percorrido 75.000 km polos 5 continentes e en total 55 países. Perante o seu traxecto polo mundo tiveron dous fillos; Maia, nada en Bélxica no 2007 e Unai que naceu en Bolivia no 2011. Esta audiovisual conta o seu modo de vida e as vivencias de viaxar con dous rapaces polo mundo en bicicleta.

 

Máis aló do Sifón dós Piratas (-1222 m). 10 anos de exploracións en México por Kasia Biernacka.

Xoves 28 de novembro as 20:30 h.Auditorio Municipal de Ourense
Van xa 13 anos dende aquel voo ao sur de México xunto ao meu noivo Marcin, 200 metros de corda e unhas gañas tremendas de descubrir o México menos coñecido: o soterrado. Por casualidade atopamos a un grupo de espeleólogos traballando nunha das covas máis profunda do hemisferio oeste, o Sistema Cheve (-1484 m). Así comezou a nosa aventura subterránea. Unha aventura chea de esforzo, paixón, amizade, encontros e despedidas. Viaxes polo México profundo descubrindo a súa xente, a súa cultura, o seu mundo natural e por suposto as súas covas.

1ª Travesía Integral ás 3 Torres del Paine ( Skyline ) por Pedro Cifuentes.

Venres 29 de novembro as 20:30 h.Auditorio Municipal de Ourense
Neste documental o autor mostraranos as vivencias, anécdotas e contratempos, durante 29 días que estivo colgado na parede en solitario. Era a terceira vez que o intentaba, nas outras dúas o mal tempo patagónico obrigouno a baixarse, unha delas con serias conxelacións, malia todo para el era un reto e quixo intentalo unha vez mais. Un dos problemas mais serios aos que se enfrontou foron as duras condicións climatolóxicas que imperan na Patagonia, fortes ventos, frío intenso, chuvia e neve. E cando chegou á terceira e ultima cima dá Torre Sur creu que todo esta xa terminara, pero no era así, ao baixar sufriría grandes desprendementos que a punto estiveron de custárlle-la vida.