PROGRAMA
VENRES 10
PASOS HACIA LO DESCONOCIDO, ENTRE K2, XINJIANG Y AMAZONIA por KURT DIEMBERGER 1932 Villach (Austria).
LUGAR: Salón de Actos do Centro de Desenvolvemento de CAIXANOVA. Avd. De Pontevedra 9.
HORARIO: 20:00 H.
A proxección preséntanos unha versión actualizada do seu mais famoso libro “ENTRE CERO Y OCHO MIL METROS”. De carácter autobiográfico, o seu autor relátanos experiencias da súa xuventude, os seus inicios no alpinismo, os seus amigos, a vida dun aventureiro que constitúe hoxe un dos nomes míticos do montañismo. Esta proxección repasa media vida de un buscador de tesouros, que entrementres ten continuado percorrendo paisaxes a largas zancadas, ascendendo cumios para ver qué se ve dende arriba e cómo soa o vento en cada montaña.
VENRES 17
RELIEVES por JUÁN PREGO MATEO 1962 A Coruña
LUGAR: Salón de Actos do Centro Cultural Deputación Ourense, EDIFICIO SIMEÓN. Rúa do Progreso 30.
HORARIO: 20:00 H.
Percorrido fotográfico en 3D de paisaxes soterrados. O autor utiliza a visión estereoscópica para presentar unha viaxe alucinante o interior das covas. A utilización de esta técnica fotográfica realza as paisaxes dotando ás imaxes dun volume acercando as representacións á realidade.
VENRES 24
EXPEDICIÓN QUIROGA ACONCAGUA 2005 por RAMÓN VILA ANCA 1966 Quiroga (Lugo)
LUGAR: Salón de Actos do Centro Cultural Deputación Ourense, EDIFICIO SIMEÓN. Rúa do Progreso 30.
HORARIO: 20:00 H.
En xaneiro de 2005 o autor cruza o atlántico para intentar o ascenso ó mítico Aconcagua que con unha altura de 6.962 metros pasa por ser a montaña de maior altitude fora do continente asiático. Xurdida coma viaxe iniciática ás grandes montañas, a cima serviulle ó autor como porta de entrada a proxectos alpinísticos de maior envergadura.