Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

XXVIII – Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán

Alá polo novembro de 1998 naceu a nosa Semana Audivisual, con este ano celebramos o noso 28 aniversario programando conferencias i eventos culturais relacionados co mundo da montaña, espeleoloxía e aventura en xeral.

Nesta ocasión presentamos tres conferencias os días 25, 26 e 27 de novembro

Dende estas liñas  queremos invitar a calquera persoa a asistir ás mesmas, sendo a única limitación o aforo da sala.

Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel e Cineclube Padre Feijoó 

Hora: 20:00 h

Entrada libre

 

PROGRAMA


25 de Novembro 2026

Poñente: Eliseo Belzunce

O Pozo Azul, dez mil metros de espeleobuceo

Proxección que relata a exploración do Pozo Azul, Burgos, no verán de 2026 .

Ver máis: Ficha conferencia 25 de Novembro

 


26 de Novembro 2026

Poñente: Alfonso Louro Fuentes

A cara oculta da escalada.

Alfonso Louro fará un breve repaso pola súa traxectoria deportiva e os proxectos actuáis, o seu traballo no mundo dos re/equipamentos, as batallas coas regulacións das zonas de escalada, e do futuro da escalada en Galicia.

 

 

Ver máis: Ficha conferencia 26 de Novembro

 


 27 de Novembro de 2026

Poñentes: Reyes de Miguel e Juan Miguel Ponce

“TA BO” Abriendo Camino – Expedición Angola

Neste terceiro capítulo do proxecto «Abriendo Camino» («Abrindo Camiño»), un equipo multidisciplinar composto exclusivamente por mulleres, da FEDME, viaxa a Angola para abrir novas vías de escalada nas formacións rochosas de Pedras Negras e Cumbira II, unha rexión sen apenas tradición de escalada.

 

Ver máis:Ficha conferencia 27 de Novembro

 


 COLABORA

  

PATROCINA