Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

XXVII – Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán

Como todos os novembros dende os últimos 27 anos celebramos a nosa Semana Audivisual,  nacida alá polo 1998.

Nesta ocasión presentamos tres conferencias os días 12, 13 e 14 de novembro

Dende estas liñas  queremos invitar a calquera persoa a asistir ás mesmas, sendo a única limitación o aforo da sala.

Lugar: Centro Cultural Marcos Valcarcel

Hora: 20:00 h

Entrada libre

 

PROGRAMA


12 de Novembro 2025

Ponente: Pablo Cés

Presentación da serie GALICIA VERTICAL.

Serie documental sobre a práctica da escalada en Galicia que podemos atopar no canal de intenet AGalega (www.agalega.gal) da TVG  .

Ver máis: Ficha conferencia 12 de Novembro

 


13 de Novembro de 2025

Ponente: Anxo F. Saborido

Travesía Integral polos Montes Tatras.

Anxo F. Saborido, socio do club, presenta esta travesía integral polos montes Tatras que fan fronteira dende Eslovaquia ata Polonia.

 

 

Ver máis: Ficha conferencia 13 de Novembro

 


 14 de Novembro de 2025

Ponente: Sergi Ricart

El río de los siete nombres

É o relato dunha viaxe dun ano seguindo unha conca natural, o río Mekong. Unha experiencia fascinante e intensa, explorando e escalando en solitario un puñado de cincomiles virxes en recunchos remotos do Tíbet, e despois pedaleando case 3.000 quilómetros ata a desembocadura do río en Vietnam.

 

Ver máis:Ficha conferencia 14 de Novembro

COLABORAN