Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

XXVI – Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán

Como todos os novembros dende os últimos 26 anos celebramos a nosa Semana Audivisual,  nacida alá polo 1998.

Nesta ocasión presentamos tres conferencias os días 20, 21 e 22 de novembro

Dende estas liñas  queremos invitar a calquera persoa a asistir ás mesmas, sendo a única limitación o aforo da sala.

Lugar: Centro Cultural Marcos Valcarcel

Hora: 20:00 h

Entrada libre

 

PROGRAMA


20 de Novembro 2024

Ponente: Antón Gavela e Rita González Pérez

Transourensán.

Antón Gavela, expresidente do Club Alpino Ourensán e Rita González presentan unha conferencia sobre o Transourensán.

 

Ver máis: Ficha conferencia 20 de Novembro

 


21 de Novembro de 2024

Ponentes: Daniel Ballesteros, Ignacio Rafael, Celso Pérez

Sima Aradelas: 2 km de descubrimentos, alegrías e compañerismo.

No ano 2024, foron descubertas 2 km de galerías, salas e pozos virxes na Sima de Aradelas, a cova máis fonda de Galicia, situada no Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.

 

Ver máis: Ficha conferencia 21 de Novembro

 


 22 de Novembro de 2024

Ponente: Gonzalo Fernández

Manaslú, luces e sombras no corazón do Himalaya

Despois de facer cume no Gasherbrum 2, Gonzalo Fernández adentrase nun novo proxecto: voltar escalar un ochomil. Desta vez en Nepal onde, co seu equipo, tratarán de coronar O Manaslu (8.163 m).

 

Ver máis:Ficha conferencia 22 de Novembro

COLABORAN