Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

XXIV – Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán

Pasado o noso 50 aniversario, que celebramos no 2021, continuamos neste 2022 ca nosa XXIV Semana Audivisual como tódolos novembros dende 1998. Nesta tratamos de amosar a nosa filosofía de club a través dos invitados que se achegan a compartir connosco as súas vivencias, historias e actividades cas que podemos identificarnos. Dende aquí tamén queremos invitar a calquera persoa a asistir ás mesmas, sendo a única limitación o aforo da sala.

Lugar: Centro Cultural Marcos Valcarcel

Hora: 20:30 h

Entrada libre

 

PROGRAMA


21 de Novembro 2022

Fran Nieto (Fotógrafo)

A fotografía de Paisaxe, unha visión persoal.

Fotógrafo especializado en macrofotografía e paisaxe, con diversos premios  na súa traxectoria. Autor de varios libros de fotografía así como ten publicado fotos en diversas revistas relacionadas ca natureza (Natura, Quercus, etc).

Ver máis: https://semana.clubalpinoourensan.es/ponencia/dia-21-novembro-2022/


22 de Novembro de 2022

Florentino Taín (Alpinista)

Alpinismo a 7000 metros. 

De como o desexo de vivir unha ascensión a un gran pico convertiuse no proxecto de  completar o Snow Leopard coas súas 5 montañas de máis de setemil metros.

Unha vida ligada a montaña. Escalador e montañeiro ourensán con múltiples escaladas en catro continentes (fáltanlle Oceanía e Antártida). Equipamentos de vías deportivas e de clásica en rocha así como tamén vías invernais.

Ver máis: https://semana.clubalpinoourensan.es/ponencia/dia-22-novembro-2022/


 23 de Novembro de 2022

Pablo Batalla Cueto (Escritor)

A escritura de “La virtud en la montaña”  – Vindicación dun alpinismo lento, ilustrado e anticapitalista

Licenciado en Historia pola Universidad de Salamanca. Colaborador en medios como La Voz de Asturias ou Atlántica XXII, na actualidade coordina a revista dixital El Cuaderno e dirige A Quemarropa, el periódico de la Semana Negra de Gijón.


Ver máis: https://semana.clubalpinoourensan.es/ponencia/dia-23-novembro-2022/


24 de Novembro de 2022

Karina Pérez (Montañeira) e Pepe Ocejón (Aventureiro)

NEPAL, soa ou acompañada?

Vivencias de Karina na súa víaxe a Nepal catro anos despois da súa primeira viaxe, compartindo nesta ocasión víaxe con outras 11 persoas que acababa de coñecer.

Ver máis: https://semana.clubalpinoourensan.es/ponencia/dia-24-novembro-2022/


25 de Novembro de 2022

Víctor Sánchez (Escalador)

Resiliencia, o arte da liberdade

Historia de superación persoal dun montañero i escalador Asturiano tras un grave accidente.

Guía de escalada e montaña, cun amplo currriculum de cumes ademais de múltiples aperturas de vías en Picos de Europa así como aperturísta de gran número de vías de escalada deportiva.

 

 

 

 

 

 

 

 

Ver máis: https://semana.clubalpinoourensan.es/ponencia/dia-25-novembro-2022/

COLABORA