Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

XXIII Semana Audiovisual – 50 aniversario 1971-2021

Boas a tod@s @s soci@s.

Este ano 2021 o noso club cumpre os 50 anos. Ca ilusión doutros anos celebraremos a semana xa de xeito presencial, podendo asistir en persoa ás charlas e conferencias. Este ano temos unha semana cargada de aventuras e montaña da man dos irmáns Pou e Silvia Vidal, reflexións sobre a montaña e a vida de Iñaki Peña e rememorar a historia do noso club da man de Susi Iglesias Álvarez de Novia, e dunha mesa redonda na que os asistentes poderán charlar sobre a historia do club.

Lugar: Centro Cultural Marcos Valcarcel

Hora: 20:30 h

PROGRAMA


22 Novembro – Iñaki Peña

Documental “Morrer na montaña, morrer na cidade” (Mendian Hil Hirian Hil) un diálogo sobre a morte, que conecta a montaña coa rúa e a rúa coa montaña. Unha proposta firme para a lembranza. Un canto á esperanza.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

23 Novembro – Historia do Club Alpino Ourensan. 50 anos de actividade

Historia da actividade do Club Alpino Ourensán durante os seus 50 anos e debate aberto con tódol@s asistentes que queiran participar.

 

 


24 Novembro – Silvia Vidal

Silvia Vidal. Reflexións sobre Sincronía Máxica, a súa apertura en solitario na Patagonia. Un mes e medio incomunicada durante a súa actividade
Dous meses de viaxe e desconexión; sen radio, teléfono, nen GPS.

Unha nova ruta (“Sincronia Màgica”) en solitario, nunha parede virxe de 1.200 metros, coñecida como Cerro Chileno Grande.

 

 

 


25 Novembro – Susi Iglesias Álvarez de Novia

Percorrendo montañas: “De Pena Trevinca ó Club Alpino Manzaneda“. Vivencias das excursións realizadas con “Peña Cucharitos”, despois convertida en Peña Trevinca de Ourense e por último cambiando ó nome a Club Alpino Manzaneda en 1971 (hoxe Club Alpino Ourensán). Actividades de montaña, esquí e espeleoloxía.

 


26 Novembro – Imáns Pou

Aupa Pou: unha vida encordados” repaso de toda a carreira dos irmáns Pou; centrándose especialmente nos últimos anos da mesma, con expedicións moi interesantes no Himalaia, os Andes, a Patagonia ou a Amazonía

 

 

PATROCINA