Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

XVIII Semana Audiovisual 2016

Do 21 ó 25 de novembro temos outro ano mais unha cita coa nova edición da Semana audiovisual Club Alpino Ourensán, xa van 18, contando de novo co importante patrocinio da “Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban”, grazas os cales un ano mais teremos a posibilidade de gozar de emocionantes aventuras contadas polos seus protagonistas.

 

Programa

Os albores da montaña. Historia do montañismo ourensá dende os 70’s, polos ex-presidentes do Club Alpino Ourensán.

Luns 21 de novembro ás 20:30 horas

A montaña e Ourense teñen relación. Ao longo dos últimos 35 anos, numeros alpinistas e escaladores ourensáns coroaron algunhs dos cumios mais míticos do Alpinismo. Xunto ás persoas que foron testemuñas desa época, percorreremos a historia da relación de Ourense coa montaña.

Patagonia: Alpinismo salvaxe, por Manu Veiga.

Martes 22 de novembro ás 20:30 horas

Durante o primeiros vinte días do mes de xaneiro de 2016, un membro do Club Alpino Ourensán xunto con outros dous alpinistas realizaron unha serie de actividades na Patagonia Arxentina. O descubrimento do alpinismo austral, dos costumes locais e dos ventos patagónicos serán a canle polo que navegaremos nesta proxección.

 

Dereito e Montaña: século e medio de relación, por Alejandro López.

Mércores 23 de novembro ás 20:30 horas

Desde os albores do montañismo, o Dereito estivo patente en moitas das xestas do alpinismo, desde Whimper no cervino, á primeira do Eiger, a épica de Bonatti no Annapurna ou as actuais actividades no Himalaya invernal, trataremos de analizar os problemas xurídicos e de responsabilidade que se expoñen no mundo da montaña e que afectan a un gran  número de persoas, desde unha visión histórica ata a actualidade!

 

Volta ao Mundo a pé: A conquista dun soño, por Nacho Dean.

Xoves 24 de novembro ás 20:30 horas

A historia dunha volta ao mundo camiñando que levou a Nacho Dean durante 3 anos a percorrer 4 continentes, 31 países e 33.000 quilómetros en solitario, sen asistencia e sen interrupción.

 

Ponencia do Equipo Feminino de Alpinismo FEDME

Venres 25 de novembro de novembro ás 20:30 horas

Ao longo de tres anos, as mozas seleccionadas para formar parte do Equipo Feminino de Alpinismo realizan varias concentracións anuais viaxando por toda España e polos países Alpinos. Neste relatorio as mozas presentarán as súas actividades e compartirán a súa paixón pola montaña, tanto no verán como no inverno, con esquís, piolets, pés de gato ou botas e crampons, de día, de noite, en vivacs improvisados ou en refuxios de montaña, pero sempre cun sorriso e con bo humor!

 

Horario: 20:30 horas

Lugar: Auditorio municipal de Ourense . A entrada é pola rúa Emilia Pardo Bazán