Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

XIV Semana Audiovisual 2012

Datas: 28,29 e 30 de NOVEMBRO.

LUGAR: Auditorio Municipal de Ourense.

PROGRAMA

Mércores 28 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense

Islandia: “Entre lusco e fusco”
por Miriam Martínez Ferreiro e Mar Pallás Valleros

Nesta proxección adentrarémonos nas terras altas  e mostrarémosvos uns dos trekin máis fermosos do mundo, que parte de Landmannalaugar e  remata en Skógar.

A palabra «Islandia» deriva do islandés Ísland, vocábulo que provén do nórdico antigo, que significa «terra de xeo»
A illa marca o límite entre a Placa Euroasiática e a Placa Norteamericana, xa que foi creada pola intensa actividade do vulcanismo na zona  ao longo da dorsal mesoatlántica. Todo isto tradúcese nunha alta actividade xeolóxica, que dá lugar a máis de 200 volcáns. A media é que cada cinco anos adoita sufrir unha erupción volcánica.
Os lagos e glaciares cobren o 14,3% do país e só o 23% está cuberto por vexetación.  O interior da illa, as terras altas de Islandia, son unha combinación fría e inhabitable de area e montañas.

Xoves 29 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense

“La bicicleta: otra forma de viajar” por Roberto Mateos García

Una sinopsis de imágenes de naturaleza, personas y lugares conocidos a través del medio de transporte más ingenioso del ser humano.

Disfrutaremos de paisajes desérticos en Australia y Marruecos, grandes reservas de agua dulce en Chile e Islandia, parques nacionales en Tanzania y Argentina. Conoceremos grupos étnicos de Myanmar y Sumatra y visitaremos lugares emblemáticos como el Capitolio Nacional de La Habana, el campo de concentración de Mauthausen en Austria y ciudades Patrimonio de La Humanidad como Luang Prabang, Laos.

Venres 30 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense

“Ascensión ao Annapurna, a montaña máis temida do Himalaia”

O pasado 6 de maio Sechu López acadou o cumio do Annapurna, sendo o primeiro galego en conseguilo. Esta mítica montaña de 8.091 metros, situada no Himalaia de Nepal, está considerada como a máis perigosa dos 14oitomiles. Durante a ascensión, a maioría dos alpinistas decidiron renunciar polas continuas avalanchas… pero o galego e algúns máis decidiron continuar subindo, para seguir intentando facer realidade os seus soños, chegar ao máis alto. Conseguiu acadar o cumio loitando contra as adversidades, convencido de que superar o reto era posible. Podería ser coraxe, pero necesitase algo máis, necesitase paixón.