Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

X Semana Audiovisual 2008

Patrocinadas pola Fundación Florencio Álvarez e M.ª Teresa Esteban

No Centro Cultural Deputación de Ourense, rúa Progreso, 30, de Ourense

Día 19, mércores, ás 20 horas

 

Programa

RECUERDO DE ALASKA

por Javier Moldes Magdalena. Pontevedra, 1967

Ascensión ao Denali (McKinley) en xuño de 2008 levada a cabo pola expedición J-2, formada polo leonés Javier Fernández López, do Club de Montaña Yordas, e Javier Moldes Magdalena, do Club Alpino Ourensán.

Día 20, xoves, ás 20 horas

O NOSO TERREO DE XOGO: SELECCIÓN DE ESCALADAS

por Manuel Veiga Rial. Epsom, Inglaterra, 1971

Percorreranse algúns dos macizos e montañas máis significativas da xeografía peninsular, dende o punto de vista da escalada clásica ou de parede. Para elo, amosaranse varias escaladas de dificultade por algunhas das paredes máis coñecidas no eido montañeiro.

Día 21, venres, ás 20 horas

LHOTSE 8.516 M.

por Jesús Calleja. León, 1965

O Lhotse é a cuarta montaña máis alta do mundo. Nesta proxección, Jesús Calleja, protagonista do programa “Desafio Extremo” da canle de televisión Cuatro, amósanos a súa ascensión, sendo o único español en chegar á cima, no 50 aniversario da súa primeira ascensión, traballando moi duro en equipar a ruta, usando sómente unha botella de osíxeno, e escalando dende o campo IV (7.900 m.) ata a cima  e descendendo ao campo base (3.500 m.), en tan só 15 horas e 50 minutos (o normal son tres días), posiblemente marca mundial. Fixo cima en solitario o día 12 de maio de 2006.

Jesús Calleja. Ten viaxado incansablemente, dende os 18 anos, por todo o mundo practicando os deportes que domina: motocros, submarinismo, alpinismo… aínda que destacaría as escaladas feitas en España que é onde ten alcanzado a máxima dificultade técnica, tanto en roca como en xeo. Tamén cabe subliñar as súas 34 expedicións ao Himalaia, onde ten escalado picos de 6.000, 7.000 e 8.000 metros, incluíndo o Monte Everest.