PROGRAMA
Luns 26 de Novembro
“PATAGONIA: BELEZA E SOIDADE” por Antonio García. Escairón (Lugo) 1970
Percorrido polo “Parque Nacional Torres del Paine” (Chile) e “Parque Nacional los Glaciares-cordillera del Fitz Roy” (Arxentina), dominados por dous macizos montañosos que érguense como catedrais graníticas de proporcións colosais entre os glaciares que manan do Xeo Patagónico Sur.
Lugar de beleza incomparable e natureza abraiante en estado primixenio, a penas tocado pola mao do home, e que segue sendo última fronteira para emprendedores e aventureiros.
Mércores 28 de Novembro
“ESCALADA DE CRISTAL” por JUAN GOYANES. A Coruña 1970
Dá escalada de cascadas de xeo ó mixto deportivo moderno.
Un percorrido polas vías de Dry-tooling mais difíciles de Europa e o Campeonato do mundo de Escalada en Xeo.
A primeira parte da proxección, con fotos e vídeo, introdúcenos no mundo do inverno e a cascada de xeo, a evolución dás éticas e os materiais, e o nacemento do mixto deportivo moderno (Dry-tooling).
Na segunda parte viaxamos ós invernos dos anos 2003, 2004 e 2006, e, partindo do Pirineo Aragonés, viaxaremos polos Alpes en busca dos itinerarios de Dry-tooling mais cobizados do continente.
Xoves 29 de Novembro
“MAS ALLA DE MIS PROPIOS SUEÑOS” Por ROSA FERNÁNDEZ. Cangas del Narcea 1960
Rosa Fernández primeira española en completar “Las Siete Cumbres”.
Faremos un percorrido pola montaña mais alta de cada continente. Dendela selva do Pacifico, o deserto do Tibet, os xeos da Antártida, o inhóspito Denali, o frío e amable Cáucaso, ata o punto mais alto da terra, o Everest.
Venres 30 de Novembro
“ASCENSO AL K2. AL FILO DE LO IMPOSIBLE” por JUANITO OIARZÁBAL.
Victoria-Gasteiz 1956
Nó verao de 2004 cumpríase o cincuentenario -o 31 de xullo de 1954- de unha dás ascensións míticas na historia do montañismo: a primeira escalada ó K2, realizada por una expedición italiana, dirixida por Ardito Desio, e culminada polos seus compatriotas Lacedelli y Compagnoni. Con tal motivo, o programa “Al filo de lo imposible” organizou una expedición para conmemorar este aniversario, polo que desprazou ata o glaciar do Baltoro un equipo formado por Juanito Oiarzábal, Edurne Pasabán, Ferrán Latorre, Juan Vallejo y Mikel Zabalza.
Juanito preséntanos nesta audiovisual a súa ascensión ó K2 ou CHOGORI, denominación local que significa “a gran montaña”. O K2, é a segunda montaña mais alta do mundo e cualificada como o mais difícil dos catorce oitomiles, atópase relativamente illada, polo que a súa envergadura resulta, si cabe, aínda mais impresionante. Con esta escalada a este vertixinoso pico Juanito converteuse no único alpinista en conseguir a fazaña de subilo en dúas ocasións, a súa primeira ascensión realizouna en 1994. Despois de soportar condicións extremas no ascenso, o descenso converteríase nunha carreira contra o reloxo. Juanito con conxelacións nos pes e un edema pulmonar, foi quen de chegar ó campo base para, horas mais tarde, ser evacuado xunto con Edurne Pasabán, que sufriría tamén graves conxelacións, pero cá satisfacción de ter conseguido, de novo o cumio de este mítico y cobizado pico.
Lugar:CENTRO SOCIOCULTURAL FUNDACIÓN CAIXA GALICIA. XOAN XXIII, 31 Soto
Hora: 20:00 horas