Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

Tres travesías en kaiak, tres destinos: Illas Pitiusas

Como remate final a nosa triloloxía “Tres travesías en kaiak, tres destinos”, chegamos as Illas Pitiusas.

Despois de destinos tan lonxanos como a Patagonia e a Baixa California, as Baleares son como voltar á casa, xa que contamos co noso propio material, ainda que non por iso a viaxe está exenta das súas aventuras.

Nas illas realizamos dúas travesías principais, en primeiro lugar a circunnavegación completa á illa de Menorca y en segundo término, unha impactante travesía lineal pola costa da Tramuntana Norte, na illa Mallorca.

Ambas travesías fanse en total autonomía, sen ninguha crase de apoio externo, durmindo nas praias e aprovisionándonos nas poboacións máis próximas á costa.