Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

“TA BO” – Reyes de Miguel e Juan Miguel Ponce

“TA BO” Abrindo Camiño – Expedición Angola

Reyes de Miguel Renedo e Juan Miguel Ponce

Neste terceiro capítulo do proxecto «Abriendo Camino» («Abrindo Camiño»), un equipo multidisciplinar composto exclusivamente por mulleres, da FEDME, viaxa a Angola para establecer novas vías de escalada nas formacións de Pedras Negras e Cumbira II, unha rexión sen apenas historia de escalada.

 

Guiadas por Marina Fernández (TD3 de Alta Montaña, UIAGM) e Marta Pérez (TD3 de Escalada), as escaladoras Bea Gándara (paraescalada), Aida Torres (búlder), María Laborda (escalada de velocidade) e Rut Monsech (escalada de dificultade) enfróntanse a unha meteoroloxía imprevisible, a formacións rochosas irregulares e á incerteza de explorar unha zona apenas documentada. Cada obstáculo convértese nun logro compartido.

 


 COLABORA

  

PATROCINA