Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

Día 24 Novembro 2022

NEPAL, soa ou acompañada?

Karina Pérez (montañeira) e Pepe Ocejón (aventureiro)

 

 

Sen moita planificación pero coas ideas claras, esta socia do Club Alpino Ourensán viaxou soa a Nepal, disque para explorar as montañas do Himalaya. O Circuito dos Annapurnas, o  Val  do  Lantang  ou a selva de Chitwan foron algúns dos lugares polos que camiñou durante case dous meses, chegando ao Thorangla Pass (5416m),  que une  os  pobos de Manang,  Muktinath e  Ranipauwa na rexión do Annapurna.

Catro anos despois volve viaxar ao país, esta vez acompañada por 11 persoas que acaba de coñecer. A experiencia en grupo converte a viaxe nunha aventura completamente diferente,
empatía, coidado, vivencias místicas, visitas a templos, cerimonias busdistas, festas relixiosas, pobos do val de Katmandú e sí, tamén algo de trekking no Himalaya. Karina  vai  amosarnos as súas viaxes e o que supuxo viaxar soa e acompañada a este país de altura. Tamén participa na charla, Pepe de Guadalajara,  un dos 11  viaxeiros  do grupo ,  que dará
a súa visión da experiencia multiaventura no Nepal.