Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

Día 24 Novembro 2021

Silvia Vidal. Reflexións sobre Sincronía Máxica



Silvia Vidal (Barcelona, 17 de decembro de 1970) é unha escaladora, exploradora e alpinista catalana, profesional da escalada de grandes paredes. Coñecida polos seus logros en solitario en grandes paredes de rexións montañosas remotas de Pakistán, India, Patagonia e Alaska de manera autónoma; así como por sela primeira española en gañar o Piolet d’Or  2021.

Na seguinte ligazón atopamos bo parte do seu curriculo: http://www.vidalsilvia.com/climbs/?lang=es

 

Sincronia Màgica

A súa apertura en solitario na Patagonia. Un mes e medio incomunicada durante a súa actividade
Dous meses de viaxe e desconexión; sen radio, teléfono, nen GPS.

“Confinada” nunha hamaca de 2 x 1,5 metros sen saber co mundo realmente estaba confinando.

Unha nova ruta (“Sincronia Màgica” – 1.180m de recorrido, A3+/6a+) en solitario, nunha parede virxe de 1.200 metros, coñecida como Cerro Chileno Grande.

“Volvín á civilización despois de un mes e medio soa nun val da Patagonia chilena, onde escalei un muro enorme e caótico, o Cerro Chileno Grande. Estiven 33 días colgada na parede, vivindo nunha hamaca de oitenta centímetros de ancho por dous metros dez de lonxitude. Non tiña posibilidade de información meteorolóxica, porque vou sen radio, teléfono ou outros medios para comunicarme. É unha opción persoal para poder vivir a soidade e o illamento en toda a súa magnitude”. – Extracto da súa entrevista para Bararrabes.com (https://www.barrabes.com/blog/noticias/2-10877/silvia-vidal.-reflexiones-sincronia-magica)

Semanas cargando 150 Kg de equipo e comida, nun entorno de glaciares.

33 días vivindo na parede. Soa e autónoma.

Anécdotas e momentos máxicos que dan nome á ascensión.

Soidade, natureza salvaxe, medos, incertidumes…

 

PATROCINAN