Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

Día 23 Novembro 2022

A escritura de “La virtud en la montaña”

Vindicación dun alpinismo lento, ilustrado e anticapitalista

PABLO BATALLA CUETO (escritor)

 

 

Dous procesos simultáneos motivaron a escritura de A virtude na montaña, de Pablo Batalla Cueto. Por unha banda, a decadencia visible do vello asociacionismo montañeiro; clubs con cada vez menos membros, medias de idade máis elevadas e enormes dificultades para garantir a substitución xeracional. Por outro, a vigorosa proliferación dun universo de carreiras e maratóns de montaña, desbordadas de solicitudes. Niso detecta o autor a manifestación montañeira de procesos máis xerais relacionados coa expansión do capitalismo neoliberal: un sistema económico, pero tamén unha maneira de subxetivarse, de entenderse a un mesmo e a súa relación cos outros, entrelazada coa pedagoxía do individualismo, a competitividade, a velocidade e o consumo.