Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

Dia 23 Novembro 2021

Historia do Club Alpino Ourensán


Alá polo ano 1971, o comezo do Club Alpino Ourensán marcan o inicio do montañismo, espeleoloxía e esquí na nosa provincia.

Ao longo destes xa máis de 50 anos de existencia foi desenvolvendo diversas zonas de prácticas deportivas estables na nosa xeografía, a máis montañosa de Galicia, mantendo certas instalacións de apoio, tanto a nivel de refuxios de montaña ao uso como zonas escola para a práctica da escalada, descenso de canóns e as distintas modalidades que foron sumándose aos deportes de aventura.

Así mesmo ó longo da súa dilatada historia mantén unha interesante actividade expedicionaria que levou ós seus socios a visitar numerosos macizos montañosos europeos, africanos, americanos e asiáticos. Entre as máis interesantes figuran a primeira ascensión galega o McKinley (6.194 m), cumio máis alto de Norteamérica, e a primeira mundial o Anayachi (5.587 m) nos Andes Bolivianos, por unha difícil ruta en terreo mixto, no Parque Nacional do Sajama.

Mesa redonda

Historia da actividade do club Alpino Ourensán durante os seus 50 anos, presentando unha proxección de fotos e vídeo repasando algún dos eventos da historia do club e debate aberto con tódol@s asistentes que queiran participar.

Extracto do diario La Región do 24-3-1971 .

 

PATROCINAN