Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

Día 21 de Novembro 2024

Sima Aradelas: 2 km de descubrimentos, alegrías e compañerismo

Daniel Ballesteros, Ignacio Rafael, Celso Pérez

No ano 2024, foron descubertas 2 km de galerías, salas e pozos virxes na sima de Aradelas, a cova máis fonda de Galicia, situada no Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.

Estes achados son o resultado da cooperación espeleolóxica de nove clubs galegos, entre os que destaca o Club Alpino Ourensán, co apoio de dúas entidades asturianas.

 

Para acadalo, realizáronse escaladas subterráneas, atravesáronse estreitezas e explorouse un lago empregando técnicas de espeleomergullo. Os novos descubrimentos inclúen fermosos pasaxes subterráneos cunha gran variedade e abundancia de espeleotemas, así como unha nova entrada á cavidade, que xunto co lago serán os protagonistas da conferencia.

Celso Pérez (1977) é espeleólogo do GES do Club Alpino Manzaneda dende 2003. Participación en zonas de exploración de Picos de Europa, Valencia, e Galicia.

Daniel Ballesteros (1985) é espeleólogo do GES Montañeiros Celtas de Vigo dende o ano 1999, cunha marcada vocación na exploración e documentación de covas de Galicia e dos Picos de Europa. Ademáis é o coordinador científico do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.

 

Descubertos dous quilómetros de galerías na cova máis profunda de Galicia

TVG – Descobren un lago subterráneo no Courel, dentro da cova máis profunda do país

 

COLABORAN