Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

Día 18 Decembro de 2020

Charla online (Zoom) de Sechu López sobre a actividade realizada, en solitario, no outono de 2019:
Travesía do Cantábrico en kaiak de mar

Sechu López é un alpinista cunha dilatada traxectoria nos cumios mais altos:

2008.- cumio do Aconcagua (6.962 m) o 13 de febreiro, en solitario. Andes de Arxentina.
2009.- cumio do Gasherbrum II (G2, 8.035 m) o 2 de agosto, precedido por un intento ao G1 (8.068m) poucos días antes, acadando a cota de 7.859 m, sendo ambas ascensións en solitario. Karakorum de Paquistán.
2010.- expedición en outono ao Manaslu (8.164 m), chegando ata os 7.600 metros aprox. Himalaia de Nepal.
2012.- cumio do Annapurna (8.091 m) o 6 de maio, converténdose no primeiro galego en conseguilo. Himalaia de Nepal.
2013.- cumio do Shisha Pangma Central (8.012 m) o 2 de outubro. Himalaia do Tíbet.
*Todas as expedicións realizadas sen empregar osíxeno artificial e sen sherpa.

Neste caso preséntanos unha das súas novas aventuras noutra disciplina deportiva como o kaiak de mar