Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

Día 16 Decembro de 2020

Trekking polos Balcanes

A alta ruta dos Balcáns é un sendeiro que atravesa Kósovo, Montenegro e Albania, ofrecendo vistas espectaculares e unha experiencia de primeira man das culturas montañosas dos tres países. Esta remota e misteriosa cordilleira, en gran parte accesible só a pé, ofrece algo máis que abraiantes paixaxes de dentados picos de caliza, verdes pastos e maravillosas aldeas de montaña. Nas súas aldeas illadas, aínda sobreviven rastros dun código de conduta centenario.

O camiño, a través dos Parques Nacionais de Valbona (Albania), Prokletije (Montenegro) e Bjeshkët e Nemuna (Kosovo) une algunhas das mellores paisaxes deste rincón de europa. Durante 10 días, camiñaremos preto de 200 quilómetros pola fronteira destes tres paises.

Trekking por Tenerife

A singularidade das canarias esta fora de toda dubida. As illas afortunadas contan co maior proporción de parque nacional de todo o estado e ademais co seu cumio mais alto, por enriba dos 3.700 m. O Teide é un reto de altura pero o é moito mais no medio dunha travesia que cruza a illa de Tenerife de nordeste  a sudeste, dende praia e ate praia pasando polo filo do crater do Teide.
Seguimos o GR 131 disfrutando dunhas das noites con ceos estrelados mellores do mundo. Durmindo no refuxio Altavista e vendo o amencer no cumio do Teide.

Trekking por Somiedo

Somiedo underground.. algo mais que sendeirismo..

Costa ártabra

Verán de 2020. Sorteando gromos e ondas pandémicas, un grupo de supervivintes do Club Alpino Ourensá, de tendencia bohemia, percorreu a pé a costa ártabra, de sur a norte, por relevos. Comezaron na praia de Doniños e remataron na de Bares tras cinco días de intensa actividade (incluindo natación, remo en kayak e espeleoloxía de furnas). Peregrinaron por San Andrés de Teixido (xa máis mortos que vivos). Vivaquearon cada noite ao raso, no lugar no que lles soprendía o solpor. E ceibáronse cos alimentos naturais do lugar (cervexas, percebes, calamares á romana). Experiencia marabillosa, de convivencia fraterna, en comunión coa costa oceánica máis salvaxe do cadrante nornoroeste.

GEOS CAM – Picos de Europa

Travesía de tres días onde 7 persoaxes saen dende Caín e suben o primeiro día por Dobresengos até o Urriellu. O segundo pasan por cabaña Verónica para durmir en Collado Jermoso e último baixan de novo a Caín. Aínda que se fixo en xullo pisamos algo de neve. Preciosa viaxe e equipazo humano e perruno

Musica – Pedro Martín Lucas – Polvo en los zapatos

Solo de charango barítono de Pedro Martín Lucas grabado con teléfono móbil durante oconfinamento en España. Tema orixinal. Mayo de 2020.

Transcantabrica I

Etapa un da Transcantábrica. Saímos de Ancares e chegamos ao porto de Valdeprado.

Transcantabrica III-IV

Etapas tres e catro da Transcantábrica. Saímos de Lumajo e chegamos ata Pajares en dúas etapas.

Trekking Annapurnas

Circuito de los Annapurnas – Annapurnas Round Trek – Trekking dos Annapurnas (Himalaya Nepalí)

O circuito dos Annapurnas é un dos trekkings más bellos e interesantes do mundo. Transcorre integramente pola zona de conservación dos Annapurnas. o percorrido ten unha riqueza paisaxística, natural e etnográfica verdaderamente incríble. Dende os amables valles de arrozais ata a estéril zona tibetana, iremos gañando altitude xornada a xornada. Ascenderemos dende os 700 metros de altitude do seu comenzo en Besisahar, ata os 5.416 m do paso de Thorung La, plato forte do Trekking e un dos pasos de montaña más altos e espectaculares do mundo.
Neste trekking inclúese a variante do Lago Tilicho, unha ascensión o lago mais alto do mundo a 5.000 metros de altitude, onde pareces atoparte notro planeta mentres escoita os renxeres dos glaciares.

Este trekking realizouse en solitario, sen sherpas nen guías, ainda que sempre é recomendable facerse coos servizos destes admirables traballadores do Himalaia.