Trekking polos Balcanes
A alta ruta dos Balcáns é un sendeiro que atravesa Kósovo, Montenegro e Albania, ofrecendo vistas espectaculares e unha experiencia de primeira man das culturas montañosas dos tres países. Esta remota e misteriosa cordilleira, en gran parte accesible só a pé, ofrece algo máis que abraiantes paixaxes de dentados picos de caliza, verdes pastos e maravillosas aldeas de montaña. Nas súas aldeas illadas, aínda sobreviven rastros dun código de conduta centenario.
O camiño, a través dos Parques Nacionais de Valbona (Albania), Prokletije (Montenegro) e Bjeshkët e Nemuna (Kosovo) une algunhas das mellores paisaxes deste rincón de europa. Durante 10 días, camiñaremos preto de 200 quilómetros pola fronteira destes tres paises.
Trekking por Tenerife
Trekking por Somiedo
Somiedo underground.. algo mais que sendeirismo..
Costa ártabra
Verán de 2020. Sorteando gromos e ondas pandémicas, un grupo de supervivintes do Club Alpino Ourensá, de tendencia bohemia, percorreu a pé a costa ártabra, de sur a norte, por relevos. Comezaron na praia de Doniños e remataron na de Bares tras cinco días de intensa actividade (incluindo natación, remo en kayak e espeleoloxía de furnas). Peregrinaron por San Andrés de Teixido (xa máis mortos que vivos). Vivaquearon cada noite ao raso, no lugar no que lles soprendía o solpor. E ceibáronse cos alimentos naturais do lugar (cervexas, percebes, calamares á romana). Experiencia marabillosa, de convivencia fraterna, en comunión coa costa oceánica máis salvaxe do cadrante nornoroeste.
GEOS CAM – Picos de Europa
Travesía de tres días onde 7 persoaxes saen dende Caín e suben o primeiro día por Dobresengos até o Urriellu. O segundo pasan por cabaña Verónica para durmir en Collado Jermoso e último baixan de novo a Caín. Aínda que se fixo en xullo pisamos algo de neve. Preciosa viaxe e equipazo humano e perruno
Musica – Pedro Martín Lucas – Polvo en los zapatos
Solo de charango barítono de Pedro Martín Lucas grabado con teléfono móbil durante oconfinamento en España. Tema orixinal. Mayo de 2020.
Transcantabrica I
Etapa un da Transcantábrica. Saímos de Ancares e chegamos ao porto de Valdeprado.
Transcantabrica III-IV
Etapas tres e catro da Transcantábrica. Saímos de Lumajo e chegamos ata Pajares en dúas etapas.
Trekking Annapurnas
Circuito de los Annapurnas – Annapurnas Round Trek – Trekking dos Annapurnas (Himalaya Nepalí)
O circuito dos Annapurnas é un dos trekkings más bellos e interesantes do mundo. Transcorre integramente pola zona de conservación dos Annapurnas. o percorrido ten unha riqueza paisaxística, natural e etnográfica verdaderamente incríble. Dende os amables valles de arrozais ata a estéril zona tibetana, iremos gañando altitude xornada a xornada. Ascenderemos dende os 700 metros de altitude do seu comenzo en Besisahar, ata os 5.416 m do paso de Thorung La, plato forte do Trekking e un dos pasos de montaña más altos e espectaculares do mundo.
Neste trekking inclúese a variante do Lago Tilicho, unha ascensión o lago mais alto do mundo a 5.000 metros de altitude, onde pareces atoparte notro planeta mentres escoita os renxeres dos glaciares.
Este trekking realizouse en solitario, sen sherpas nen guías, ainda que sempre é recomendable facerse coos servizos destes admirables traballadores do Himalaia.