Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

El río de los siete nombres – Sergi Ricart

El río de los siete nombres

Sergi Ricart

É o relato dunha viaxe dun ano seguindo unha conca natural, o río Mekong. Unha experiencia fascinante e intensa, explorando e escalando en solitario un puñado de cincomiles virxes en recunchos remotos do Tíbet, e despois pedaleando case 3.000 quilómetros ata a desembocadura do río en Vietnam.

 

O filme tenta afastarse do concepto clásico de documental de montañismo combinando unha certa poesía narrativa e visual con reflexións e experiencias máis persoais, como unha invitación a viaxar polo mundo en paz, a xogar a ser exploradores no século XXI, a abrazar unha visión máis completa e ampla do montañismo e as montañas,… e, en definitiva, a vivir a vida de forma sinxela e en estreito contacto coa natureza salvaxe.

 

Estes son algúns dos premios do film:

  • FESTIVAL DE CINE DE MONTAÑA DE TORELLÓ – Selección oficial
  • MEMORIAL MARIA LUISA – Selección oficial
  • CERDANYA FILM FESTIVAL – Mellor documental de montaña
  • SEMANA DE CINE DE MONTAÑA DE CASTELLÓ – Segundo premio
  • HIGH TATRAS FILM & VIDEO FESTIVAL – 7 galardones, incluindo Mellor DocumentalMellor Film de EscaladaMellor Aventura, etc…
  • ANATOLIAN FILM AWARDS – Mellor Documental de Montaña
  • COOPER AWARDS – Mellor Cinematografía e Mellor edición
  • INTERNATIONAL FILM AWARDS – NOV 2022 – Mellor Longametraxe Documental
  • INTERNATIONAL MOTION PICTURE FESTIVAL OF INDIA – DIC 2022 – 4 galardones, incluindo Mellor Documental
  • etc…

COLABORAN