Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

15 decembro 2020

Escalada en Verdón: Verdón – Buscando sol
Escapando do mal tempo en Chamonix acabamos no Verdón, zona de escalada espectacular e famosa do sur de Francia (Provenza). Alí fixemos varias vías de escalada, en xeral moi boa calidade … en case todas hai que saír por arriba posto que empezas rapelando. As vías todas con “ambientazo” e un bo patio, rocha excelente polo xeral e na calidade dos seguros de todo un pouco de todo.. tamén hai vías de clásica. Unha cousa a ter é o vento, o famoso Mistral.. coidadiño nos rapeles posto co vento move moito as cordas cando tira.

Escalada no Cabo Ortegal – Escalada en Cabo Ortegal
Vídeo crónica da nosa xornada de escalada en Cabo Ortegal, na Longa da Moreira. Outubro de 2020
Espectacular xornada de “alpinismo de cota cero”
Con Niger, Alberto e unha pequena gopro…

Escalada do Peña Vieja (Picos de Europa) – Espolón dos Franceses
Escalada que fixemos no verán de hai uns anos para alcanzar a cume do Peña Vieja (2614m). Vía das “superclásicas” non exenta de dificultades debido ó dificíl de orientarse na parede. Estilo de escalada clásica que fixemos en ensable. A vía conta cun percorrido de 1000 m sendo 600 de escalada, e a máxima dificultade de V-V+.

Separate Reallity – Yosemite
Alfonso escalando a mítica vía de Yosemite “Separate Reality”, en California, EEUU.

Musica – Pedro Martín Lucas – Primer Sueño de Amor
Solo de charango de cordas metálicas de Pedro Martín Lucas, grabado en directo nos Lagos de Somiedo, Asturias, España

Travesía Salenques Tempestades Aneto (Pirineos) – 3404
Unha das grandes clásicas do Pirineo. Esta arista ten un compromiso e dificultade debido o dificíl escape da mesma. O terreo de escalada é bastante caótico e a rocha atópase moi descomposta en bastantes zonas, sendo as veces algo complicado orientarse na mesma.
HORARIO (actividade realizada en un día):
– Saída de La Besurta as 05:00
– Chegada: 20:45
– 15:45 horas de actividade
DIFICULTADE:
Varios pasos de III e III+, tendo como máxima dificultade a do xendarme do Margalida (V). Nun momento da actividade debemos de sairnos da ruta xa que atopamos un paso que facilmente superaba o V grado.
Únicamente utilizamos a corda unha vez polo estado do terreo, que descompoñiase moito e podía provocar un accidente en calquera momento.

El Bloque – Escalada confinada
Durante o confinamiento un alpinista cuestionase a súa actividade favorita e comeza a experimentar co bloque.

Fisura de Faiser
Línea “Fisura de Fairser” do bloque Biolifia, na zona de Sura
F. a. a cargo de Ernesto Rodrógiuez, “Niger Apase”