Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

100 días de soidade. Diario dunha experiencia

Como por graza divina, e sen ningunha intención de procura pola miña banda, hai uns anos volveu caer no meu poder Walden ou A vida nos bosques, o marabilloso libro de Thoreau.

Nada máis empezar a lelo, deime conta de que, aínda que de forma evidentemente máis humilde, a miña experiencia vivencial destes últimos anos en Redes tiña moitos puntos en común. Ocorréuseme a idea de tentar emular, case dous séculos despois, a este gran filósofo natural. Plantexeime recluírme na miña cabana durante un longo período de 100 días, sendo autosuficiente e desconectándome absolutamente do mundo real e os seus avances. Non dispuxen de electricidade, nin móbil, nin televisión, nin internet, nin reloxo… Só eu coa natureza.

O período para este confinamento foi o comprendido entre o 12 de setembro e o 19 de decembro de 2015. Elixín este período porque é no que máis cambios na natureza prodúcense para o goce dos espectadores: días aínda de verán, o outono -a estación por excelencia na montaña e nos bosques de Redes, a recolección dos froitos secos e bagas, a berrea do cervo, as primeiras choivas, o belo outono multicolor e a caída das follas-, ata chegar ao mes máis duro do ano, no que as fortes nevadas cobren a paisaxe e a luz do día brilla pola súa ausencia.