Galego Castellano

Semana Audiovisual de la Montaña de Ourense

XVII Semana Audiovisual 2015

XVII Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán

Organiza: Club Alpino Ourensán co patrocinio especial da “Fundación Florencio Álvarez-María Teresa Esteban”.

Datas: 24, 25, 26 e 27 de novembro.
Lugar: Auditorio Municipal de Ourense.

PROGRAMA

Seguridad en montaña. Rescates, por membros do GREIM da Guardia Civil.

24 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense.

Axentes dos equipos de rescate en montaña da Guardia Civil falarán de seguridade nos deportes de montaña, dende o punto de vista da súa experiencia profesional e do que supón a organización e execución dun rescate dun acidentado en montaña.

 

Jonh Muir Trail, por Tino Taín.

25 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense.

400 kilómetros de trekking pola Serra Nevada Californiana. Cando un país pode facer parques nacionais do tamaño de provincias ou de comunidades autónomas españolas, ou trazando os seus límites no mapa con bolígrafo e regla. Considerando que este espazo natural, é obrigatorio para o estado preservalo e ofrecerllo os seus cidadanos para o seu disfrute e enriquecemento persoal.
O John Muir trail é a primeira ruta de sendeirismo nos Estados Unidos.Os inicios de sendeiro son no tesouro de América, o Parque Nacional de Yosemite, e continúa 400 kilómetros polo Ansel Adams Wilderness, Sequoia National Park, King’s Canyon National Park, e finaliza no pico máis alto en Estados Unidos continentais, Mount Whitney 4421 metros.

 

Sarushkas no Perú, por Isabel, Mar, Laura, Karina e Tamara.

26 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense.

5 montañeiras galegas amosannos a través das suas pegadas (sarushka en quechua) as súas experiencias durante case un mes no pais Andino, e o que foi para elas o haber visitado esa cultura de contrastes. Dende unha visión cercana mostrarán como facer un trekking en altura pola Cordilleira Andina, a súa aproximación e subida lowcost a Macchu Pichu e a experiencia mística que para elas foi o seu paso pola Isla del Sol

 

Apertura dunha nova vía no Thalay Shagar de 6904 m ( Himalaya Indio ), septiembre de 2015 por Felix Criado.

27 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense.

No sagrado Gangotri, nos confins do Himalaia do Garwhal indio onde nace o río Ganges, o levántase case inácesible Thalay Sagar. Con 6.904 m de altitude é un obxetivo de primeira categoría para os alpinistas e unlugar venerado polo peregrino que ali acoden. Admirar o seu cumio foi un dos obxetivos desta expedición que logrou escalar esta montaña abrindo a vía Latidos de libertad.