Galego Castellano

Semana Audiovisual de la Montaña de Ourense

XVI Semana Audiovisual 2014

XVI SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN
ORGANIZA: CLUB ALPINO OURENSÁN CO PATROCINIO ESPECIAL DA
“FUNDACIÓN FLORENCIO ÁLVAREZ-MARIA TERESA ESTEBAN”
Datas: 26, 27 e 28 de NOVEMBRO.
LUGAR: Auditorio Municipal de Ourense.

Programa

Mércores 26 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense.
“O ESLABÓN PERDIDO” por Pablo Ces Benito Santos.
Máis coñecido como Bendecorme, é unha das referencias do boulder en Galicia, unha modalidade de escalada que se realiza en penedos de 4-5m, sen máis axuda que a propia forza do escalador. Esta modalidade experimentou un importante pulo nos últimos anos en Galicia debido a gran cantidade de rocas que abundan na nosa xeografía. Benito vive en Corme, onde as augas do Atlántico atacan con forza o litoral, “onde a costa morre na auga nunha afiada punta, conflictiva e perigosa para a navegación, feito que corroboran numerosos naufraxios”. Alí pasa unhas tres horas ao día baixo auga, dedicado á súa tarefa de mergullador recolector. Cando remata, dedica todo o tempo que pode á súa actividade favorita: o boulder. O eslabón perdido é o nome dunha liña de boulder que Bendecorme leva anos probando: “a liña da miña vida”. Un boulder dunha dureza incrible que ninguén conseguiu encadear aínda. O documental xira en torno á obsesión de Benito por encadear a citada liña. Durante este proceso, coñeceremos cómo é a súa vida, o seu traballo de percebeiro, o seu entorno… e sobre todo a súa actividade como escalador!!
Xoves 27 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense.
“ESCALADA DEPORTIVA NA CORDILLERA CANTÁBRICA” por Alberto Castaño Boza
A charla dividida en dúas partes, comeza por un relato sobre as posibilidades da Cordilleira Cantábrica para a práctica da escalada deportiva, que o autor ten plasmado nunha guía con este nome. Na segunda parte, e sen abandonar este escenario, Alberto móstranos tres retos deportivos sen parangón: a escalada das catro caras do Urriellu no día dende Pandebano ida e volta, a ascensión dos cumios mais altos dos tres macizos de Picos de Europa, Morra Lechugales, Torrecerredo e Peña Santa no día e por último a travesía dos Urrieles, ascendendo tódolos seus picos de 2600m. no día.
Venres 28 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense.
“O VALOR DO FRACASO” por Simón Elías
O valor do fracaso é unha reflexión sobre a necesidade de errar. Educados nos valores do culto ao éxito perdemos de vista e desprezamos o valor da verdadeira fonte de aprendizaxe: o fracaso. A través de catro ascensións aparentemente fallidas, o autor afonda na definición da aventura do alpinismo, intenta definir a fina liña entre valentía e temeridade e fai un chamamento a fracasar mellor e mais frecuentemente.