Galego Castellano

Semana Audiovisual de la Montaña de Ourense

XIII Semana Audiovisual 2011

XIII SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN

Do 22 ó 25 de novembro temos todos de novo unha cita coa edición 2011 da Semana audiovisual Club Alpino Ourensán, xa van trece, contando de novo coa colaboración do “Outono Fotográfico” e o importante patrocinio de “Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban grazas os cales un ano mais teremos a posibilidade de gozar de emocionantes aventuras, nesta edición visitaremos visualmente Arxentina, Perú, Borneo e Papúa Nueva Guinea, contadas polos seus protagonistas.

De seguido o programa do evento:

 

PROGRAMA

Martes 22 de novembro as 20:30 h Auditorio Municipal

“BORNEO, A ILLA QUE RESULTOU ESTAR HABITADA” por Víctor Barro Casal.

Dende o parque nacional de BAKO aos 4100m do Monte KINABALU. Un percorrido pola Borneo dos pobos indíxenas que habitan a selva máis antiga do mundo. Un fío de vida a piques de desaparecer baixo o asfalto. Un historia que pode tornar, mais non tornará soa.

 

 

Mércores 23 de novembro as 20:30 h Auditorio Municipal

“PERÚ, MOITO MAIS QUE NEVADOS” por Ricardo Veiga Rial, Raimundo Fernández Calvo e Manuel Veiga Rial.

Percorrido por unha serie de escaladas efectuadas na “Cordilleira Branca” de Perú durante os meses de xullo e agosto de 2011.

 

 

Xoves 24 de novembro as 20:30 h Auditorio Municipal

“PERSEVERANCE” por Angel Barrio, Rubén Estevez e Ignacio Rafael.

Na montaña o compoñente psicolóxico resulta vital para acadar o obxectivo marcado. A paciencia e a perseveranza resultan fundamentais á hora de intentar a escalada da montaña mais alta do continente americano o ACONCAGUA. Nesta proxección relátase o intento de ascensión do xigante andino por parte de tres socios do club en xaneiro de 2011.

 

Venres 25 de novembro as 20:30 h Auditorio Municipal

VIDEOCONFERENCIA DESDE SIDNEY (Australia)“VUVU: ESPELEOLOXÍA NO PARAÍSO” por Alan Warild.

Unha pequena historia de exploracións nas covas de Papúa Nueva Guinea. Unha expedición a Papúa é moito mais que subir ao coche para unha fin de semana de boa espeleo. A illa de Nueva Bretaña é una illa de contrastes: volcáns, bosques de chuvia, crocodilos, empresas forestais cortando todo o que poden, xente recen saída da idade de pedra con teléfonos celulares. As veces chegar á cova costa mais traballo que a cova en si mesmo pero ao final nunca defraudan. Galerías xigantes en roca branca con auga azul e cristalina e sobre todo pouco fría.

 

Será no Auditorio Municipal os días 22, 23, 24 e 25 de novembro a partir das 20:30 horas