Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

Eliseo Belzunce

Enxeñeiro técnico industrial, bombeiro profesional e membro do equipo de rescate acuático do Servizo de Bombeiros de Navarra.

Explorador e deportista multidisciplinar, sente paixón polo mundo natural.

Comprométese con proxectos a longo prazo que requiren dedicación, perseveranza e un enfoque técnico preciso. Cunha ampla traxectoria deportiva e experiencia en contornos extremos, compaxina a súa vida como aventureiro cunha profunda conexión coa natureza e a valoración dos valores da artesanía.

Eliseo conta cun curriculum deportivo moi variado participando en diversas competicións de esquí alpino, vela lixeira e travesías oceánicas.

 

Relacionado ca conferencia podemos destacar as seguintes exploracións subacuáticas:

  • Dirixiu as exploracións da cova de Moraig (Alacant). Conta con case 6.000 metros de galerías subacuáticas, cun punto de exploración situado a máis de 3.000 metros da entrada.
  • En 2025, no marco da exploración do sistema de covas de Pozo Azul —dirixida por Jason Mallinson—, foi un dos mergulladores de covas principais que superou os tres primeiros sifóns para levar a cabo a xeolocalización topográfica.
  • Tamén dirixiu as exploracións dos mananciais de Nacedero de Aitzarreta e Anotz, en Navarra, así como da cova de Forat de L’Or en Tremp (Lleida).