Anxo Manuel Fernández Saborido, Ponteareas, 1980 foi Secretario Xeral da Federación Galega de Montañismo.
É Técnico Deportivo en Sendeiros (TD1 Media Montaña). Foi Coordenador da Federación Ecoloxista Galega e Presidente do Grupo Ecoloxista ADENCO, ademais doutros cargos
nos movementos sociais veciñais, estudantís e dos montes en man común, e actualmente é Presidente da Asociación Cultural O Faiado de Ponteareas
Parrticipa en carreiras de montaña de media e longa distancia por España e Europa. Acercouse por vez primeira ás montañas con crampóns e piolet cunha invernal en Babia co Club Alpino, subindo o Montigüero, para continuar en varias tempadas de verán subindo as montañas que tocaban nos Pirineos: Posets, Vignemale, Os Infernos, O
Anayet ou o Medi d’Ossou.
Tamén fixo o Anel de Picos de Europa correndo, en versión minimalista, unindo todos os refus cunha circular de tres días desde Cordiñanes, pasando por lugares míticos e
fermosos como Collado Jermoso, Cabaña Verónica, Urriellu ou Cabrones, ou ascendendo esas duras canais de Picos como Trea ou Jidiellu.
Nos Tatras estivo en tres ocasións, ascendendo as tres veces o Rysy e coroando a montaña toténica para os eslovacos, o monte Krivan. A travesía integral polos Tatras fíxoa
entre o 1 e o 3 de agosto do 2024, nun verán clásico nestas montañas, é dicir, sol, nubes, choiva, frío e vento.