Galego Castellano

Semana audiovisual da Montaña de Ourense

Novidades

XIX Semana Audiovisual 2017

Do 28 de novembro ao 1 de decembro temos outro ano mais unha cita coa nova edición da Semana audiovisual do Club Alpino Ourensán, xa van 19, contando de novo co importante patrocinio da “Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban”, grazas os cales un ano mais teremos a posibilidade de gozar de emocionantes aventuras contadas polos seus protagonistas.

O fío conductor deste ano é a exploración e a aventura, contando coa primeira expedición extraeuropea ourensá a África, e centrándonos, con outras tres ponencias, en América do Sur.

Programa

Expedición Ourensá Alto Atlas 88. Trinta anos na memoria
Varios participantes da expedición
Martes 28 de novembro ás 20:00 horas

Logo dun intenso período montañeiro nas altas montañas da península ibérica e macizos europeos o club pretende una nova fronteira nos grandes cumios do continente africano, O Alto Atlas.

 

Trekking e Kaiak polo P.N. Torres del Paine.
Carmela Conde e Enrique Soto
Mércores 29 de novembro ás 20:00 horas

Una viaxe realizada entre os meses de novembro e decembro por América do Sur. Unha viaxe de navegación en kaiak por Chepu, Parque Nacional de Chiloé e o trekking de “La W” nas torres do Paine, que constituíu o comezo da gran travesía en kaiak polo Río Serrano, Río Tindal e o Fiordo, Seo e Estero “Última Esperanza”.

 

Mochileando América do Sur
Raquel Novoa
Xoves 30 de novembro ás 20:00 horas

Unha aventura, unha viaxe mochileira de 5 meses dende centro América ata a rexión mais austral do planeta, a Patagonia. Polo camiño, mergullaron, ascenderon picos de mais de 5000 m, descenderon barrancos e realizaron travesías andinas de varios días de duración. Pero sobre todo, empapáronse do espírito viaxeiro e das diferentes culturas de todos os países que coñeceron: Costa Rica, Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile e Arxentina.

 

Incógnita Patagonia
Eñaut Izaguirre
Venres 1 de decembro ás 20:00 horas

INCÓGNITA PATAGONIA é un proxecto que aúna exploración, alpinismo e cartografía glaciar. Tivo como obxectivo explorar e atravesar por primeira vez o campo de xeo Cloué, na illa Hoste (extremo austral de Sudamérica), ascendendo cumes inescaladas e cartografando o retroceso glaciar dunha das zonas mais remotas e incógnitas da Patagonia.

 

Horario: 20:00 horas

Lugar: Sala Emilia Pardo Bazán, edificio de facultades da Universidade. Ligazón a Google Maps https://goo.gl/maps/4oE4wCkx8bE2